A.F.A.E.S. noticias

MEMORIA 2011

Xa temos a disposión na nosa páxina web,na parte inferior dereita, a Memoria de actividades de 2011.

Modificado o (Venres, 11 Maio 2012 12:13)

 

NOVAS SOBRE A CAMPAÑA “MENTALÍZATE” E A ESCOLA DE FAMILIAS

O pasado martes 14 de febreiro fomos ao CPI do Feal, en Narón, para comezar a campaña de sensibilización MENTALIZATE da que vos falabamos fai uns días. Desde AFAES fomos unha das Educadoras de pisos, a Traballadora Social, e un usuario do CRPL que sen dúbida foi o que máis aportou á charla cos mozos. Estivemos cun grupo de 30 mozos de entre 15 e 20 anos nunha actividade que resultou participativa e entretida para todos. Estamos desexando seguir con estas intervencións nos Centros de Educación Secundaria.

Ademais informámosvos que o mércores 29 de febreiro tivo lugar a primeira sesión da Escola de Familias, que versaba sobre a importancia das familias no proceso de recuperación. Participaron xunto á Traballadora Social dez familiares de usuarios e socios do CRPL e estamos encantados de dar a benvida ás caras novas...Recordámosvos que a próxima sesión será o 28 de marzo, na Biblioteca do CRPL en horario de 16:30 a 18:30

Modificado o (Luns, 05 Marzo 2012 13:23)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso
Entidades colaboradoras
Memorias